xoves, 27 de marzo de 2014

Pequena reportaxe sobre o Día Mundaial do Teatro na Biblioteca de Secundaria

O Departamento de Linguas Clásicas foi o encargado de organizar na Biblioteca de Secundaria este ano a actividade relacionada co Día Mundial do Teatro. Unha especie de charla impartida por algúns alumnos/as de Cultura Clñasica de 4º da ESO que baixo o título de Eurípides non me Sofocles que te Esquilo contáronlle a un grupo nutrido de compañeiros doutros cursos a orixe e evolución do Teatro Occidental na Antiga Grecia. Dispostos en forma semicircular coma se nun Teatro grego se fixera a actividade o profesor deu paso a aos distintos interlocutores: Taísa, que nos falou da relación do deus Dionisos co mundo do Teatro.



Logo veu Carla que nos explicou como era iniialmente o rito relixioso de sátiros ou tragoi con cornos de cabra e cola de cabalo que constituían un Coro que danzaba na Orquetra ( un círculo ao redor dun altar onde se sacrificaba un animal) na honra do deus da fertilidade, da máscara e como naceu o espazo para ver denominado teatro que son as gradas dispostas para o público. Esta explicación fíxoa botando man da maqueta e os paneis que ten o departamento realizado polos propio alumnado.


A seguir despois soubemos como o teatro na Atenas dos séculos VI e V antes de Cristo foi integrado como unha actividade de gran interese para os gobernantes da cidade de Atenas e foi tomando un carácter político de gran transcendencia para a polis. Jonathan, botando man dun círculo que simulaba a orquetras e unha mesa que era a escena onde ía situando aos actores, falounos de como Pisístrato encargou a Tespis unha remodelación fundamental das celebracións das Grandes Dionisias que deron lugar a esa evolución da Traxedia grega na que o Coro vai comezar por dialogar cun actor " protagonista", logo con Esquilo con dous e finalmente xa un século despois on Sófocles que incorpora un terceiro actor van ir diminuíndo as intervencións do Coro e dano lugar ao que poderíamos denominar unha representación teatral moi semellante as actuais. 

A continuación  Ainara  falounos dos autores tráxicos máis coñecidos da escena da Atenas democrática do século V. Esquilo cos seus personaxes dependentes dos deuses como é o caso do Prometeo encadeado, logo Sófocles e Eurípides, as diferenzas de estilo con Esquilo, da humanización das tramas e os seus títulos máis importantes.  Edipo Rei, Antígona, ou a preocupación polas relacións humanas e fenómenos cruentos como a guerra que o último autor exemplifica coas mulleres cautivas escravizadas na traxedia "As Troianas".

Finalmente Thomlynn encargouse de falar da Comedia e das súas variantes. Da Comedia antiga representada por Aristófanes de carácter e tramas máis políticas, antibelicistas como a famosa Lisístrata, cargadas de crítica social, ata a Comedia Nova que protagoniza o autor Menandro con obras onde os amores e problemas máis banais son os que se representaban en escena.

Concluímos facendo unha chamada de atención sobre a importancia do teatro na sociedade e anunciando que estamos a preparar unha representación no colexio que axiña estará disposta para a súa posta en escena antes de rematar o presente curso, iso si xa no salón de actos do noso colexio.

Ningún comentario: