domingo, 11 de maio de 2014

Penélope esoutra mirada das Letras

Comeza na Biblioteca de Secundaria a Semana das Letras na procura dunha nova mirada cara Galicia e as súas Letras a través dos ollos de Díaz Castro e doutros poetas, escritores e escritoras que botan man do mito homérico de Penélope (ese gran poema do poeta de Guitiriz homenaxeado) reinterpretado dende a nosa terra e para a nosa terra:

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.

Ningún comentario: