martes, 24 de febreiro de 2015

AS CINCUENTA SOMBRAS DE ROSALÍA NA BIBLIOTECA





Do 24 de febreiro día no que naceu Rosalía ata o 8 de marzo, día da muller traballadora, imos traballar as sombras que preocupan a Rosalía, este ano que dedicamos ao sentido crítico coas palabras de Rosalía e cos seus versos de muller consciente da súa condición achegarémonos ao seu mundo cunha montaxe fotográfica que titulamos precisamente AS CINCUENTA SOMBRAS DE ROSALíA.

Como este curso o lema é o do sentido crítico iremos colgando eses cincuenta textos, reflexionando criticamente sobre esas cincuenta sombras. Acerca deses cincuenta textos de Rosalía e sobre as cincuenta sombras iremos reflexionando criticamente.





1ª SOMBRA: A Negra sombra.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca
 sombra que sempre me asombras.

A Rosalía das sombras do seu poema más coñecido de Follas novas, nunha reflexión íntima  onde a sombra é un símbolo plurisignificativo que se pode aplicar a múltiples facetas da existencia humana.


2ª SOMBRA: A poetisa ou poeta?

Daquelas que cantan as pombas i as fores.
Todos din que teñen unha alma de muller.
Pois eu que nás canto, Virxe da Paloma,
Ai! De que a terei?
Por ser muller Rosalía cre que non ten por qué non cantar sobre temas que eran asociados como exclusivamente masculinos ou propios de homes.


3ª SOMBRA: Viúvas de vivos e mortos

Galicia sen homes quedas
que che poidan traballar
viúvas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

Rosalía sentía unha fonda dor colectiva plasmada nas viúvas dos vivos e dos mortos de tantas e tantas galegas que tiñan os seus lonxe e vivían coa súa vida fracturada.


4ªSOMBRA: Tecer soia
Tecin soia a miña tea
sembrei soia o meu nabal
soia vou por leña ao monte
soia a vexo arder no lar.

Denuncia dunha soidade fonda e triste, pero consciente da súa condición de muller humilde e traballadora.


5ª SOMBRA: Cando te atopas cun Pedro.

Xan en fin é un Xan completo
desos que a cada muller
 conviña un polo menos. 
Pero cando un busca un Xan
case sempre atopa un Pedro.

Eses homes que saben compartir tarefas, sonche ben escasos! Case sempre son Pedros os que nos pretenden manter na desigualdade .


6ª SOMBRA: Unha lingua alivio de males.

 Cantarte hei, Galicia,
na lingua galega,
consolo dos males,
 alivio das penas.


A escritora Elena Gallego Abad, creadora da sombra do Dragal e que pasou pola nosa Biblioteca con motivo dun dos nosos Encontros con autores, quixo participar desta iniciativa con esta mesma escolledo esta mesma sombra:  
No orgullo do uso da nosa lingua atopamos consolo das escuras sombras que nos rodean.



7ª SOMBRA: O cravo que sempre m´atormentou


Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo 
xa se era aquel cravo de ouro
de ferro ou de amor.

A dor variopinta, permanente e complexa que nos atormenta. 





8ª SOMBRA: A liberdade en medio das sombras

Eu son libre.
 Nada pode conter a 
marcha dos meus pensamentos,
 e eles son a lei que rexe
o meu destino.

O destino de Rosalía permanentemente en loita coa liberdade que devecía.


9ª SOMBRA. Mais as sombras persisten

Unha noite, noite negra,
como os pesares que eu teño,
noite filla das sombrisas
alas que estenden os medos...

A noite é compañeira das sombras e cociñeira dos medos.


10ª SOMBRA: O medo que non se ve, que non se sabe de onde vén.

Que pasa arredor de min?
Queme pasa que eu non sei?
Teño medo dunha cousa
que vive e que non se ve.
Teño medo dunha desgracia traidora
que vén e que nunca se sabe de onde vén.

Rosalía atormenada por un medo indefinido e invisible, complexo e inexpugnable.

11ª SOMBRA: A tristeza musa dos tempos.

Ai! A tristeza musa dos nosos tempos,
coñéceme ben, e de moitos anos atrás;
 Mírame como súa, non me deixa un momento
nin inda cando quero falar de tantas

cousas como andan hoxe no aire e no corazón.

Tamén sabe erguer a mirada e ver no seu redor, as sombras sobre os demais.

12ª SOMBRA: Tamén hai unha dor colectiva e social.

Que triste o rostro mortal da pobreza
que entre xemidos e
dolores nace.

O rostro da pobreza abrúmaa.

13ª SOMBRA: A emigración asombra a xente de Galicia.

Van deixa-la patria
Forzoso, mais supremo sacrificio.
A miseria esta negra
entorno delas.
Ai! Adiante está o abismo.




14ª SOMBRA: Todos se van.
Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van,
Galicia, sen homes quedas
 que te poidan traballar.


15ª SOMBRA: A tea da soidade.

Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.

Coma Penélope tece lá á sombra da soidade.
16ª SOMBRA: Perto da morte preta.
Xa non rancor nin desprezo,
xa nin temor de mudanzas,
tan só unha sede...
unha sede
dun non sei que me mata.

Rosalía desesperada e depresiva, perto do suicidio



17ª SOMBRA: Desesperanza e pesimismo.
Acaba logo, acaba
o teu trsite romax,
que o que en mal sino nace,
mal sino o seguirá,
Nas alas da disgracia
o teu destino vai
as rápidas correntes.

Rosalía ao pé do precipicio do suicidio.




18ª SOMBRA: Entre as sombras ser quen de albiscar felicidade

É feliz o que soñando morre,
desgraciado o que morre sen soñar.

Tremenda oposición e constante controversia, e no medio os soños.



19ª SOMBRA: Por ser muller e escritora:

Por ser muller e escritora...,
por ocuparme das vulgares
 preocupacións con que se pretende
 marchar ao meus país.

Este texto é unha das sombras esenciais dos Cantares de Rosalía pois está tirada  da dedicatoria que ela dirixe a outra escritora, coñecida como Fernán Caballero, pero que era realmente Cecilia Böhl de Faber.







20ª SOMBRA: A dignidade de Galicia  

Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres tan hermosa.

Rosalía nos seus textos coma  a intelectualidade da Galicia do XIX ligada ao Rexurdimento reivindica a dignidade da Terra, de Galicia ante unha secular marxinación e mesmo vexación tamén realizada dende a literatura como podemos apreciar en versos de Tirso de Molina, Cervantes, Quevedo, Góngora ou Lope de Vega.





21ª SOMBRA: A sombra da autoxenreira.
Todo isto me atrevín a cantar
para desir... que a nosa terra
é dina de alabanzas. e que a
nosa lingua non é aquela que 
 bastardean e champurran
torpemente.

Rosalía lonxe de todo complexo, rompe a cantar contra o autodio e reivindica a dignidade da Terra e da Lingua.



22ª SOMBRA: E dar que falar

De min murmuran 
e exclaman:
- Alo vai a tola soñando!

Rosalía non deixou impasibles nin a propios , nin a estraños.




23ª SOMBRA: Conciencia para disipar a sombra que ensombrece a nosa fala.

Que así mo pediron
que así mo mandaron,
que cante, que cante,
na lingua que eu falo!

Rosalía soubo saír da sombra do castelán e cantar en galego para a súa xente.






24ª SOMBRA: A Alborada que disipa as sombras:

Arriba todas,
rapaciñas do lugar!
que o sol i a aurora
xa nos vén a dispertar!

A esperanza no mañá que Rosalía proxecta nunha alborada fermosa onde as mulleres son as verdadeiras protagonistas dun futuro mellor.

Como se fixo

Pensando en facer algo na Biblioteca sobre Rosalía...

O autor do debuxo de Rosalía a man alzada: Jacobo























E os/as de 1º de Bacharelato a traballar sobre os textos:


Ningún comentario: