venres, 27 de marzo de 2015

Día Internacional do TEATRO na BIBLIOTECA

Celebramos de novo o Día Internacional do Teatro grazas á colaboración do departamento de Linguas Clásicas e ao curso de 4º da ESO de Cultura Clásica que realizou dúas exposicións na propia biblioteca sobre: A orixe grega do teatro  nunha sesíon dunha hora para 1º da ESO A e outra para 1º da ESO B.

Despois dunha presentación na que o profesor Héctor Silveiro explicou como o mes de marzo é o mes do teatro debido a que na antigüidade era o mes no que en Grecia celebraban as Festas de Dionisios, nas que se realizaban concursos de traxedias e comedias na cidade de Atenas. os distintos alumnos/as foron detallando distintos aspectos das orixes deste xénero literario:

As partes nas que dividiron a súa exposición foron as seguintes:


Aitor e Jorge nos falaron do deus grego do teatro; Dionisos, deus da máscara, da fecundidade e do viño. Dionisos era fillo de Zeus e dunha princesa chamada Sémele.
















Cristina e Iván logo explicaron como eran os rituais relixiosos de ditirambos na honra do deus con danzas arredor dun altar onde se sacrificaba un chivo, ritos que deron lugar ás festas Dionisías e como estes, máis adiante, evolucionarían cara a un concurso de traxedias e comedias.


















Alberto e Nerea explicáronnos como se vai adaptando o espazo dos rituais, como se preparan unhas gradas para ver o espectáculo que recibe o nome de "teatro" que quere dicir " un lugar para ver" espazo que axiña acollerá as primeiras representacións cun coro de danzantes e uns actores que dialogaban con coro.





Carmen e Lidia falaron da traxedia e da súa evolución ao longo do séculos VI-V a. C. en Atenas
que por unha banda foi reducindo as partes líricas cantadas polo coro e dándolle máis protagonismo ao actor que dialogaba con el, Grazas a Esquilo que introduce un segundo actor, faise posible o dialogo entre estes actores aínda que son personaxes moi dependentes da vontade  dos deuses e aínda pouco desenvoltos.











Diana e Úrsula Seguron detallando como evoluciona a antiga traxedia grega ( explicaron en que consistían as distintas partes da mesma) e de que maneira seguíu cobrando importancia con autores como Sófocles que xa introducen un terceiro actor e Eurípides que centran o seu interese no carácter dos personaxes, homes e mulleres cargados de humanidade. Ambos deixaron obras transcendentais para a historia da literatura universal como Edipo rei, Antígona  de Sófocles ou Medea  e as Troianas de Eurípides.





As dúas Andreas pecharon a exposición falando doutro gran subxénero teatral inventado polos gregos: A comedia. Unha creación de crácter satírica que inicialmente, con Aristófanes, ten unha temática política, pero máis adiante evoluciona cara a temas de corte amoroso moi semellante ao das telenovelas actuais.






Ningún comentario: