mércores, 18 de marzo de 2015

ENCONTROS DA BIBLIOTECA DE SECUNDARIA CON ELENA GALLEGO

Hoxe se levaron a cabo en dúas sesións os ENCONTROS DA BIBLIOTECA coa autora ELENA GALLEGO ABAD,

A primeira se levou a cabo dende as 9,30 ata ás 11,00 cos cursos de 1º da ESO  A e B.  A segunda dende as 11,30 ata ás 13 horas  cos curos de 2º da ESO  A e B.

Pasamos a continuación a colgar unha especie de reportaxe fotográfica de ambas sesións.


















Despois de insistir na idea de que o dragón é unha figura de carácter universal, lembrouse da anterior visita que fixo ao colexio cando aínda a saga comezaba a dar os seus primeiros pasos e os nosos alumnos/as daquela fixeran unha serie de ilustracións da súa lectura do DRAGAL I : A herdanza do dragón. Hoxe están en primeiro de bacharelato e 4º da ESO.



Falounos de como naceu a idea deste relato e de como foi medrando a medida que ía escribindo. Aqueles tres meses nos que escribiu o primeiro libro e as dificultades que tivo antes de adentrarse na segunda parte, unha vez que tiña decidido crear toda triloxía.


Detallou cada unha dos elementos claves da trama e da superación de cada unha desas etapas de elaboración na que a documentación sobre o dragón galego ía tomando corpo, case sempre facendo uso de datos que a propia tradición e a historia ofrecía, empeñada en facer da novela unha novela que seguir ao ritmo do día a día dun rapaz con certos problemas nun instituto que descobre a existencia dun dragón moi especial.


A sombra daquel dragón vai ser tan grande e atractiva que o vai atrapar dun xeito irresitible. Aí é onde aparece Mónica que xunto con Hadrián serán os dous protagonistas dunha gran aventura que aínda se está escribindo.


A baixada ás catacumbas é un momento no que a historia cobra un dinamismo esencial neste primeiro libro e no que a trama comeza ese ritmo frenético e intrigante que vai gañando tensión e complexidade.  Logo dunha quenda de preguntas variopintas a autora pasaría a asinar os libros dos alumnios/as e a botarlle unha primeira ollada aos traballos que, como agasallo, estes prepararon a modo de cómic, investigando sobre as fontes e sobre a orixe do dragón de Dragal.



Logo dunha breve pausa na que tivo tempo de sumarse á campaña da Biblioteca As cincuenta sombras de Rosalía,   a autora comezou unha segunda sesión con 2º da ESO.


Esta segunda sesión segiu os mesmos pasos que a anterior partindo do inicio da saga e as claves que a crearon. Pero desta volta as preguntas dos alumnos/as foron xurdindo a medida que ía entrando en materia a autora. 

Case todos se queixaron que as preguntas que tiñan pensadas, ela xa as fora respondendo o que lles obrigou a procurar  novas interrogantes que foron saíndo:
Escribiches algún outro libro?  Ademais de Hadrián, os restantes personaxes da saga reciben ese nome por algún motivo especial?...

Cuestións que foron satisfeitas antes de pasar a asinar os libros.

Foron achegándose á autora por grupos que ían ensinándolle os seus traballos, recreacións feitas a partir dunha investigación sobre cal podería ser a orixe do dragón galego, que deu pé a que se elaborasen disversos cómics con ramas tamén diversas. Historias todas que nacían despois da lectura, despois da reflexión sobre os elementos esenciais da novela de Elena Gallego.


Foi constante o seu interese por facer entender a importancia de lograr que a lectura fose vivida en primeira persoa especialmente no seu contacto cos alumnos máis próximo, á hora de asinar os libros.



O propio Directior do centro, Diego Rosales, achegouse ao final desta segunda sesión a saudar á autora e agradecerlle á  Editorial Xerais e a propia autora o seu esforzo por participar nestes Encontros de Animación á Lectura da Biblioteca de Secundaria do Colexio San Narciso.

A autora, pola súa parte, agradeceu á invitación a participar desta experiencia docente de tanto interese e invitou aos presentes a asistir á proxima presentación do cuarto libro que terá lugar en Marín ao longo do mes de abril.

Graciñas Elena.






Ningún comentario: